miércoles, 2 de diciembre de 2015

Mamá,cando case non me recoñezas



Mamá, non deixarei que te fagas invisible
pode que as miñas presas inconscientes
che contesten mal un día
pero eu peitearei o teu cabelo de prata

Mamá, non permitirei que te illen
nunha habitación esterilizada.

Veremos fotos xuntas
 contarasme mil veces a mesma fazaña,
algún día non te escoitarei
por que estarei preocupada ou cansa
mais lembrarei cando ti me contabas
tantas veces como quería
as historias que me gustaban.

Mamá, os meus caldos nunca terán comparanza
inda que iran cheos de aloumiños
e como a ti che gustan, con moitas patacas!
Fareite comer mamá, aínda que digas que non tes ganas
e mamá, queda tranquila, que non vas caer da cama!

Terei paciencia contigo mamá
limparei as túas babas,irás a ducha aínda que non queiras
e  me grites, como de pequena eu che gritaba.
Volveremos ter tempo para nós mamá
Mamá, volveremos ter tempo para nós.



 
Foto: Pepe Escano




No hay comentarios:

Publicar un comentario