viernes, 3 de octubre de 2014

Autoestrada




Non farei caso do dicionario dos soños do Doutor Oneiroi

Os finais felices, son despois de todo son finais
non perduran non tempo, son incompletos
deben de pechar un momento
pobres aqueles que non tiveron un !

Non  son Lilith
viaxo polas autoestradas
tentando non coller o desvío ao abismo
engano ao tempo
para que non conte as arestas
da dor tecida das deidades alimentadas dos egos.

E lembro aqueles días
Como contos de funambulistas
persigo fantasías que me fagan sorrir
entón vexo, miro e non estás ti.

Logo como unha camicace
adianto o reflectir dos teus pasos
Pérdome ! Non sei se adiante ou atrás
pero nunca ao mesmo lado nin velocidade.

E céganme as luces de emerxencia
 da omisión da palabra desafiuzada
e confundo circunspección  con circunvalación
e boto en falta as sinais de saída
parece que a liña recta se converte nunha rotonda infinita
e sopro, súo, quero berrar
ESTOU PERDIDAAAAAAAAAAAAA.

Polo retrovisor advirto
desexos mortos, palabras idas.
A xeada brilla na autoestrada
como unha vida fría, durmida.







No hay comentarios:

Publicar un comentario