martes, 20 de mayo de 2014

PERDIDA EN MIN

Coma un espectro que muta
por anacos non me vexo no reflectir do espello
das mañas nubradas
e pregunto, onde quedei eu?.

Tento atopar en ti
a miña fusca realidade
e con oufano busco
o que no seu día non puiden soportar.

Por intres berro enfurecida
cal cativa enrabechada
e só atopo loucura
 na disipada cordura
a que me tento aferrar.

E novamente perdinme,
Entregueime, suminme.

E teño medo
medo a que pasen os días
sen saber de min
sen saber de ti.


Confiada na espera
coñecedora das  emocións con hipérboles
cos pes cansos de andar baixo as ordes dos demais
collerei o mapa
para non perderme na angustia
e desaparecer do exterior contaminante.

Cando saía do pozo
Saberei amar se me aman
soñarei , se me soñan.

Foto: Rochi Nóvoa

No hay comentarios:

Publicar un comentario