sábado, 26 de abril de 2014

Bolboretas



Bolboretas de cor
para tapar as palabras que se calan.

Delicada caricia, mirada penetrante
lanza chamas de fervor
repta sen tocarche
atravésate con so mirarte.

De entrega amable e servil
feiticeiro réptil
con arcanos lamentos
que selaron o desquite
desaparece agora  na sombra.

Fuxo así da dor que tece
a auga do teu ceo
dos reflectir das túas pegadas
das curtidas deidades
sementadas no tempo hipotético
que nos tocou vivir.

Agora paseo como un zombi
baixo o influxo da lúa chea
sen atopar a figueira
onde poder repousar
E se a álcena garda unha besta?
E se unha momia pinta un lenzo?
 
Ese as bolboretas non se van?
Bolboretas de cor
para tapar as palabras que se calan.

Foto. Rochi Nóvoa

No hay comentarios:

Publicar un comentario