E deixo de escribir para que corra o
tempo
xogando coa vida como se non me importara
mantendo silencio pero atenta.
Será o reloxo nefasto o que poña o
til que falta!
E seguirei aquí.
Entre a morte i eu
hai apenas un instante
ás veces parece unha vida
outras un suspiro.
Entón idealizo, proxecto
para retrasar a visión do final
e atraveso o camiño inexorable
con eventualidades.
Sóñote, pénsote
,síntote
xógote, quérote, quéimote
fágoche o
amor sen que te percates
e mátote, sí MATOTE
para re-inventarte
na miña cabeza
e sobrevivir
soñando
para manter
acesa a chama da ilusión.
Así evito
contar o tempo de chegada
o tempo
perdido,
non conto xa
nin contos
por que
contar a vida é de paifocos
a contabilidade
para os mortos
que lle
sobra o tempo
para cadrar
balances.
(E remato cos
cambios de Daniel Rodicio
feitos no estado do Facebook)
|
E non deixo de escribir para que non corra o tempo
non xogando coa
vida como se non me importara
non mantendo
silencio pero atenta.
Non será o reloxo
nefasto o que non poña o til que non falta!
E non
seguirei aquí.
Foto Rochi Nóvoa |
Sentido y contundente,
ResponderEliminarun placer leerte.
Besos.