jueves, 20 de marzo de 2014
Nota á miña amiga Belem
Nota á miña amiga Belem
Ben querida Belem.
Tomei nota da nosa conversa
e tentarei non buscar as frangullas
no cesto cheo de pan.
Aínda que sei sorrir
cando mancan as entrañas
detereime para non verter
palabras de tinta sangrantes
doentes e enfermas.
Din que a culpa é tan fea
e ninguén a quere
eu son culpable.
Culpable de ter por momentos envexas
de saberme puta
e da impermeabilidade coa que me unto
como escudo aos sentimentos
que sei me poden curar.
Irei pouco a pouco
tirando pesos que levo ao lombo
para manter erguido
o centro do equilibrio
a torre da serenidade
que por anacos sofre sismos
no epicentro no meu interior.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario