lunes, 13 de enero de 2014

Receita para esquecer



Atravésana agullas
causantes da dor fracaso
de intentos en balde
pálida agarda aínda... O milagre.

Anhela a pureza da alma
a verdade  que probou noutrora
o sabor da liberdade de amar.

Busca a parte sensible,
do  agora animal irracional
busca esa mirada de sosego,
de tranquilidade, de complicidade
que deixou marchar.

Parece que o amor voa sen rumbo,
que como ven se vai…
E sinte a necesidade de moverse
para sentirse viva
sempre incómoda aló onde vai.


Culpable de ser meiga
-“Perdóname Señor…
O medo petou á mina porta.

Para o esquecemento sigue as instrucións:
-Un pote negro
-Unha pata de cabra
-Un lirio do Xurés
-Sete follas de acivro
-Un corazón de lata
- Ferver e deixar evaporar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario