A media voz noooooon,
en silencio
Sen poder cambiar unha flor, polo voso alento
Caen as bágoas como
volvoretas
Baixo o fume cónico.
Sangran violentas as feridas do metal
Doen as espiñas
Que se incrustan na alma
Das nais, dos pais …
Das familias que arrasa
Pero apaliarei a vosa
dor
Mantereivos erguidos
Para que vexades no
túnel
Sempre, sempre,sempre
A luz da aurora branca.
Agora… deitaranse sobre a terra
Por que o seu corpo non puido seguir
Ainda que a morte non foi amable
Quedaron libres.