lunes, 25 de febrero de 2013

Stolen Emotion que fedella conmigo.




What have you done to me?
A dark black shadowy cloud
 of agony as emotions crawl.

Once we shared paradise,
Hand in hand and wie-eyed,
But your desire vanished.

A painful fever of bitterness
Tears  follow   rain, follow hate,


Love burnt to ashes.
In a storm of tears,
In a storm of tears,
I condemn you.


Como bágoas de Criselmos
Esbarando dos ollos sen vida
O trabalinguas que se repite
Ese sobre que envolve a amargura.

Ácido ,  caótico , falso destino
Que fedella conmigo.

Foto: Rochi Nóvoa


lunes, 18 de febrero de 2013

Nas lousas.





“Como não acredito em coisas eternas ..transformo meus momentos em inesquecíveis” Andresa Martins.



 Paga tanto a pena, un único momento ?


 
Xa demostrei que podía sobrevivir,

Agora… non me abonda!.


 
Lanzo ao vento  verbas covardes

Namentres  perdo palabras no infinito

Como algúns bicos…como algúns bicos!

Como se poden perder bicos?.
           
                        
 
Farei un cemiterio

 con tódolos versos que escribo,

con cada palabra que voou,

con cada  intre ido.



 Será calmo e morno,

As verbas de arame

Xaceran

Cos soños perdidos.



As follas escritas da abstracción,

Nas lousas sepultadas

Do Mausoleo.



Lembraran ao lector

Cerrar xanelas ,

Para esquecer o reloxo nefasto

No escenario da vida

 interpretando  sempre á DONA  CLEMENCIA.

Foto : Rochi Nóvoa.

miércoles, 13 de febrero de 2013

San Valentín Positivo II



Por cada persoa que morre…outra nace con forza

A vibración das túas verbas tan desexables
Tan esperanzadoras, tan buscadas!
Son coma  ventos furacanados.

Busco e atopo:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
 Con pétalos  bermellos
Na neve branca.

Aprendín a opinar
A asentir para destacar
A calar para arder contigo
Noutra dimensión ilusoria.

Conquistarei a túa compaña
E fundiremos nunha soa persoa
Sen  reproches.

Silenciosamente, os meus beizos  arden
E agocho a paixón que provocas
Sen poder viaxar aínda ao inferno
Por mor dun trato.

Desexosa xa do teu corpo cálido
do pó da boca de marmelo saborosa
que non perdeu o sabor dende entón.

Tacto quente ,
 Defeble aparencia e forte sostén.
Xa esta chegando a hora!







Poema San Valentin I ( Negativo )



Opeor...non é atopárse! O peor é...perder a ilusión


A vibración das túas verbas soan lonxanas.
Os ventos furacanados,  xa se aproximan.

Busco e non  acho:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
Aos pétalos prostrados
Na neve branca estrada.

Aprendín a non opinar
A asentir para evitar
A calar para non ferver.

Conseguín non rogar compaña
A non mendigar unha ñañala
E non reprochar unha promesa rota.

Silenciosamente, os meus beizos secan
A dor… entumece e subliña
O viaxe ao inferno do pacto

Cansa xa dos corpos  apagados
do pó da boca morta e seca dende entón
Tacto frío ,
 De forte aparencia e feble sostén.

Os ventos furacanados,  xa se aproximan.