martes, 8 de octubre de 2013

O día en que puiden ver aos Bosquimanos de Xío



Rabuñei
para descubrir as entrañas da terra
as arterias que moven a vida baixo os  pés
que aínda non descalzos senten  o latexar
e as cóxegas da herba.

Xoguei 
coa auga do regueiro case esquecido
sen posibilidades de que chegue ao mar
sen pensar que que o charco reflectiría
o espello do ceo nubrado.

Vin
erguer con forza as cinzas do chan
en forma de turbillón
para elevarme ás polas do carballo
na follaxe xa do outono.

Cando vin os Bosquimanos
andaban algo desilusionados
e armados e mo i preocupados,
din que a xente deixou de velos
e que se confunden estre as árbores.

Como di Xío:
-As árbores non deixan ver os Bosquimanos,
se cadra por iso
queimamos os nosos montes.

(Micro relato poético para Xío,
mentres miraba o cadro do pintor a Versos)

E ti , podes ver os Bosquimanos?
Foto: Rochi Nóvoa

No hay comentarios:

Publicar un comentario