sábado, 27 de julio de 2013

O " En Bruto das 80 lúas "



A media voz noooooon, en silencio
Sen poder cambiar unha flor, polo voso alento
Caen as bágoas  como volvoretas
Baixo o fume cónico.
Sangran violentas as feridas do metal
Doen as espiñas
Que se incrustan na alma
Das nais, dos pais …
Das familias que arrasa
Pero apaliarei  a vosa dor
Mantereivos  erguidos
Para que  vexades no túnel
Sempre, sempre,sempre
A luz da  aurora  branca.

Agora… deitaranse sobre a terra
Por que o seu corpo non puido seguir
Ainda que a morte non foi amable
Quedaron  libres.



viernes, 26 de julio de 2013

Oitenta lúas



Oitenta lúas, en ceo aberto
Oitenta lúas o silenzoooo
Oitenta lúas veladas
Milleiros de estrelas que as amparan.


Escritos valentes
Que tentan alouiñar
E transmitir calma.

Poesía atragantada
Que busca vida
No sangue quente
Dos corpos frios.

Apaliarei  a vosa dor
Mantereivos  erguidos
Para que  vexades no túnel
Sempre, sempre,sempre
A luz da  aurora  branca.

Oitenta lúas…
Millerios de estrelas vos acompañan.


miércoles, 17 de julio de 2013

Na gorxa


Esperto, por que te teño na gorxa

Outra noite de mala dixestión

Faltou sodio , para tanto monosacárido,

A espuma volta á cavidade bucal.

 

Chega a aflixa, polos gases que aporta

O meu propio veleno de escorpión,

Por que para redimirme …

tento culparte.

 

Volven as sombras monocromas,

Difundas, antropomórficas…

A catalepsia permanece

Polo síndrome de abstinencia.
 

martes, 2 de julio de 2013

Midríase



"Ya fue gloria de Amor hacerme guerra." Quevedo.

Non chorarei  a vida,
tampouco á morte
muda, inerte…seguirei a congostra.


Estío que chega cedo
Namentres a gadaña rasura
O derradeiro pétalo fresco
Que queda de ti.


Beleza e morte, Irmáns fecundas
De segredos impensables
De desexos inalcanzables.

Topacios secos coma desertos
Tacto anestesiado
Arrincadas as  entrañas
Toca, toca.... a melodía do non ser.


Sea conocido o sea imaginado, todo es algo. No hay fundamento ninguno para admitir lo que es nada. La nada es un invento de la razón por oposición al ser. Gregorio Corrales.

Entón non volvas a dicirme nada, que iso é moito! E de novo  a midríase,apodérase  dos  meus  ollos.