martes, 29 de enero de 2013

Postrada




Agora , que estou prostrada neste leito

 E o tempo que teño é xusto

  Confesareiche  que:


Pasei anos desfigurando noites perfectas

Imaxinando días soleados  no inverno

Andar ao revés…sempre se me deu ben.




Blasfemei, rin

Chorei, vivín, morrín

Soñei….



Segundo a  lúa da tolemia construín

Un verso, unha imaxe,

Debuxei un momento,

Alcaiotei parte das feridas.



E agora…

Agora  fico prostrada nesta cama

De sabanas limpas, frías e desinfectadas.


Sen  contacto human ,

Esnaquizando lembranzas

dos descensos ao inferno.





 Morrín con anterioridade

Cando por parva , fun escrava da rutina

E  fuxín  acovardada do amor.



Cando perdín un proxecto

Por  “ Paura “  a comezalo

E cando o negro estivo por riba do branco,

 sempre subliñado co medo.





Agora , que estou prostrada neste leito

 E o tempo que teño é xusto

 Direiche… que non temo a morte, 

 A morte ….non me  é estraña.

Foto: Rochi Nóvoa ( Autoretrato)

No hay comentarios:

Publicar un comentario