lunes, 5 de noviembre de 2012

IMPOSIBILIDADE DA TÚA BOCA



A culpa é de unha, e é miña… a culpa de quererte.


Cando falo,  a lingua esnaquiza a miña boca,
Racha o mundo, e as achas…
Penetran a pel.


Nas areas da terra
Nos engaños audaces dos soños
Nas marusías do arrepentimento.

No entoldamento prófugo
Na névoa do inverno
Nas bágoas do esbozo desproporcionado.

Desvaecen as palabras
Volto a tinta cor sangue
Esquecín o nome  luz que me amorna
Incapaz de lembrar  se choveu…
antes  de bicarte.

Dous vasos baleiros… Con anacos de cítricos,
Que esperan , agardan, amainan…

Coa dignidade dunha vara enxugada
Que coa auga se fai lume
Sen sacia-la sede
Ante a imposibilidade da túa boca.

Foto: Rochi Nóvoa

2 comentarios:

  1. Bendita culpabilidade cando regala palabras engaioladas coma estas nos teus beizos.

    E non te laies por non ter a súa boca hoxe. Celebra habela posuído. Hoxe, de seguro, tes as súas verbas, o seu pensamento, a súa ialma... que, de seguro, de algún xeito, quedou atrapada na túa.

    ResponderEliminar
  2. Teñóo todo...e non teño nada...

    ResponderEliminar