martes, 17 de abril de 2012

Teorias sobre os tipos de amor en clave de humor II


Según a Teoría triangular do Amor, formulada por Robert Sternberg, existen tres compoñentes diferenciadas:


Paixón: que ben a ser o desexo de estar con outra persona e cuxo sexo con ela sexa gratificante. ( Non, esto sería... pleno ou lotería)

Intimidade: Capacidade de compartilos nosos desexos, sentimentos e segretos . (Pero logo deixan de ser segredos non?

Compromiso: Certeza de que pase o que pase esa persona non nos esquecerá ou nos deixará na estacada. ( Bualaaaaaaaa esto é ciencia fición e de sentimental)

Segundo o anterior plantéxanse 6 clases de amor por combinación de estes elementos: (Soa tan matemático, que xa non me creo nada..ainss or que ara falar do amor se poñen formulas e recetarios tan complicados, vai ser por iso que sempre estamos suspendendo e recuperando? , ufff xa me empezó a liar)



Confianza – Amizade: cando únicamente existe Intimidade ( amigo ).


Enconamento: só hai Paixón, caracterizase por existir únicamente deseo sexual. Tamén chamado amor a primeira vista. ( valeee, non engado o que se me ven á cabeza)


Amor Valeiro: Onde só hai Compromiso: a Paixón e a intimidade morreron ou nunca exitiron. ( Ousexa non hai amor = “ cero patatero”


Amor Fatuo: Hai Paixón e Compromiso. ( Pipipiii)

Amor Romántico: Existe a Paixón e a Intimidade. ( Oh que fermoso ….ohh)

Amor Sociable: Intimidade + Compromiso = perdida de paixón.

Amor Completo: Un amor coas tres características ( pouco habitual) ;(


Dende unha perspectiva biolóxica o amor pode explicarse casi exclusivamente pola acción do neurotrasmisor: Dopamina , que está relacionada coas emocións e as sensacións de placer. Non dou maís con este tipo de información ,blablá bla bla…


A diferencia entre un científico e un filósofo, é básicamente a actiude, o científico non sabe onde vai chegar ...e o filósofo, non sabe onde chegou…e se non saben estes…que sabemos nós?, pois eso que cada vez me entero de menos. Pero eso si¡ sempre cuestión de actitude xa o dixo o de Celanova¡.




Dicía Becquer que…a soedade é moi fermosa, sempre e cando teñamos con quen compartila, listo este ee ehh ? .




Cando traballaba nun centro de disminuidos psíquicos, pola noite, sempre había algún que non durmia ben ou que tiña pesadelos; din que a noite, favorece a que emerxan temores, inquietudes, pesadelos, (se cadra por que temos máis tempo para nós ).


Ao arrimarme a eles, ao escoitalos, miralos, incluso ao collelos da man… era como se un efecto sedante e tranquilizante os acougase de inmediato, o saberse acompañnados, protexidos…todos temos necesidade dese tipo de afecto con frecuencia, será por eso que eu durmo tan agusto cando …


Polo xeral dámoslle pouca importancia a estas medicinas gratuitas que tantos beneficios nos aportan para a nsa saude física e mental ( aborrezo escoitar ese comentario estendido de : “ Eu non preciso de niguén “ vaites, pois a min pareceme que si, e se cadra o que máis).


No tempo no que vivimos , cando nos detemos un anaco…dámonos conta que aquelas inquietudes, esperanzas, melloran se temos con quen compartilas . AVISO PARÉNTESE GRANDE ( sexa quen sexa a persoa que nos ature, por que eu son das que defendo que ás veces non me aguanto nin eu a min, como para que….de ahí maxino a necesidade de ter variedade, para non cansar).




A tenrura e o tacto axudan a disminuir o estrés, a ansiedade e a dor. En relación con isto, escoiteille non hai moito a Emilio Duró, ( hehehhe moi coñero e recomendable), que grazas ao amor ( que é o que fo motivo polo que nos mantemos vivos para min) a especie e a vida continua, por que o raciocinio non nos leva a ningures, e puxo un exemplo moi grafico co que rin moitisimo,por que sen querer acordúoseme a miña nai , que dicía :


        - Se unha nai pensa e non quere, mata a sua cria, por que solle da traballo,chora, está enfermo heheheh e de ahí que os nosos fillos sexan sempre excusados por moi malos que podan chegar a ser, por que a razón é solapada polo amor ( alaaaaaa , que ben me quedou).




E agora xa me poño algo traxica , ( na miña liña ) ,podemos estar conectados hoxe en dia a milóns de individuoas á vez, pero escasea o contacto real e cercano, na era da cominucación tecnolóxica é cando menos nos comunicamos de verdade, a miudo compartimos piso , estamos en familia, con amigos e sentímonos aillados e desconectados…secadra sexa unha carencia que alimentamos con compras compulsivas, comida, sexo, alcol… ( Non digo nada, que todo se sabe ;)



Dicia John Powell, músico “ Teño medo de dicirche quen son, porque si che digo quen son, pode que non che guste como son, e iso é todo o que teño” . Uff canto dito en tanta palabra reiterada mi ma!. E Leo Arrecaghona  dí “ Eu nunca serei yo”.



Conciente e inconscientemente, existe a impresión de ter medo a correr o risco de ser invadido. E é lóxico anda cada espécimen solto que ... esto é como unha fusión de moito ,pero pouco explcativo ao entrar en contacto con outra persoa… tachan! Mesturámonos ainda que so sexa lixeriramente, e ainda non falei de fluidos eh ¡ entón así a dor que sinte, parte dos seus pensamentos….oden infiltrarse e ufff cargamos con esas culpas, medos, temores, penas e…Ploff! Sentímonos vulnerables.


Desvelase a parte interna da personalidade, e existe o medo á burla ou a que se empregue esa información para controlar ou mancar , e sei do que falo ehh!


Pero como empezaba o escrito moi matemática, teri que dicir a favor, que dentro do noso egocentrismo nato e da búsqueda de ser e sentirnos queridos se o risco implica unha ganancia…entón cedemos, veña para que sexa mási bonito, bah…ainda que as fronteiras persoais deben de existir, sería conveniente que non sexan ríxidas e inamovibles…gústame a permeabilidade, o sentir pola pel ( e sempre que me remito a esta palabra, e persón por misturar de novo… pneso nos vendedores das cremas antiedade, peor que pensans que non sabemos que non son permeables…ainss que parvos non fan!)


“O ENCONTRO ENTRE DUAS PERSONAS É COMO O CONTACTO ENTRE DUAS SUBSTANCIAS QUÍMICAS: SI HAI ALGUNHA REACCIÓN, AMBAS TRANSFÓRMANSE”  (Carl G. Jung)




Todos dispomos das ferramentas precisas para poder facer un bo contacto, outra cousa é que nos queimemos por que non sexa a mesma potencia heheeh, perdón, xa me poño seria. As expresións faciales   ( uff aquí non entro, por que ademáis podería referirme incluso as linguas…) a mirada, os xestos, en definitiva a linguaxe non verbal é importantísima, xa que reflicte o que as palabras non. ( Temario da oposición )


Ben a resumir que se dous, tres, catro…se todos queremos…xa está.

Eres importante para ti, porque eres ti a quen sentes,

Por que eres o teu universo,

Eres importante para ti, porque só ti te importas

E se ti eres así…Por que non van ser tamén os outros?

Fernando Pessoa , Poemas de Álvaro Campos.




Foto: Rochi Nóvoa

2 comentarios:

  1. ...e agora, co texto lido, canto pode lamentar un no estar ao teu carón para tomar a túa man na noite e que durmiras e...

    ResponderEliminar