Dí a miña nai que a culpa
é tan fea que ninguén quere cargar con ela. Héctor A.
Cada
un de nós ten consciente e inconscientemente unhas pautas ensinadas que marcan o
noso comportamento. Este é o noso propio código moral que pode ou non coincidir co código social no que vivimos, ou
coas persoas coas que nos relacionamos. Asi a sociedade crea reglas do mesmo
xeito que a xente que temos preto, por iso ninguén de nós…” semos iwuales”.
Unha
vez que afianzas estas pautas de moralidade, conducta ou como lle queiramos
chamar a este comportamento, comenza a funcionar unha serie de memorias preconcebidas
e programagas que garanten o seu cumprimento ( a isto vénselle chamando ” o
sistema guardián
do Código”), que non fai máis que cada vez que trasgredemos unha pauta… se
encenda un sentimento de culpabilidade de tortura interna e enfado con nos
mesmos. E… bualaaaaaaaaaaaa, aparece como por arte de maxia o “ remordemento”, por se eramos poucos xa
na cabeza… ( ainsss é que como di que cada un é un mundo…, claro é no mundo hai
de todo…)
Mi maaaaaaaa e que é iso? Pois din que é unha inquietude e mal estar que
desperta a memoria da culpa…curioso, por que polo xeral esquecemonos de chamar,
aviasar, de pensar , de entender…e…que
se sinte? pois…a maioria das veces é como ter un obxecto intragable na “ traganta” que se revolve contra un mesmo,
provocando unha sensación de mal estar xeral e apatía…tanmén se soe coñecer
como desacougos, inquietudes, migrañas…
Por que nos sentimos culpables? Por amor e
Gracia de Deus, eh que non é coña! Biblia xa nos di que todos somos pecadores “Por cuanto todos pecaron, y están destituidos de la gloria de
Dios. Romanos 3:23 “.
Si claro
e tamen pola culpa residual que foron deixando en nós o resto de humanos
e a familia e o profesorado ( Ghurrrr, estamos sempre no allo). A
culpa auto imposta, como: " ahh non debería divertirme tanto, é mellor
chorar "… pero a mellor de todas é para min sen dúbida a culpa relacionada para
fliparlle…
Se falamos de enfermedades
“ fixéchesme subir a tensión parvo”, “para oh, non sigas así non ves que me pos
malo”, “vaime dar un ataque ao corasssón”
e derrepente podes enfermar e matar a cantos nos roden, vivaaaaaaaaaa , e eu
sen saber que tiña poderes máxicos.
Pero… e a do amor? Esa si que é constante… “ eu non ceh xurei amor eterno” ehheh
claro oh, a estas alturas da vida, xa sabemos que a eternidade non existe, que
é unha falacia, xa,xa… “ Eu xa che dixen como era”, si , e eu tamén …vaia denovo “ semos persoas”, de
ahí o gran éxito da canción : T i es ti, eu son eu…e non quero que vaias
dicindo que tumba que dalle que tal que sei eu… e sen dúbida a de… “ pero eu Quérote” BUaaaaaaaa, aquí xa se
chora, por que eu a ti tamén…e como non se chega a saber quen é o culpabel number one, pois dicimos que
non hai comunicación…
Entón…nunca
nos imos deixar de sentir culpables ou sempre lle imos dar a culpa ao resto…Alaaaaaaaaaa,
pois maxino que non ohhh, desculparse polo xeral…soen ser actitudes avergoñantes
e difíciles, que con frecuencia dan resultado a curto prazo _” Desculpa, son un cabrón” Si e un
fillo de puta…eso non se fai ( na maioria das veces, cando s epiden desculpas
xa vai a penitencia de escoitar ao
acusador desafogar e medrarse)
Chegados
ate aquí, pode que comences a respirar mellor e a quitarle ferro, a sentirte
como máis liberado de esa carga social e de xente que está preto tua, ainda que
tamén tes a opción de racionalizar a tua acción e xustificarte a ti mesmo
diciendo “ Non entendo por que arrincarlle anacos de corassón lle senta tan mal,
se me dixo que lle gustaba…” Noraboa… acabas de gañar o título da
mentaliade do insensible criminal de sonos, de esperanzas, de vida, de amor, de
realidade, de momentos perfectos…
Sabes o
problema non é arribar a verdades
absolutas ou inamovibles, a ter a razón
ou a perdela,a de deseñar receitas universais contra o mal do amor e o
sufrimento, o esencial é coñecerse e aceptarse coas determinacións que tomanos
na nosa vida , o importante non é polo tanto o fin ( durará ata a morte), senon
o camiño , para que o paseo sempre sexa máis interesante, persoal, enriquecedor
e agradable.
E se algo teño
claro… é que a quen se quere… non se lle fai daño.