martes, 20 de marzo de 2012

Fideicomiso


Tanto ten que…

Non me dés un bico tódalas noites,

Xa que,  a  miudo,  metarfoseámonos,

Mutamos, evolucionamos ,

Na tolerancia.



Pouco importa que…

Non toques as notas da maxia,

Da  sinfonía interpretada

Dos domingos bailables ,

Alleos á fama.



Que deixes as faragullas estradas,

E cisques o azucre ,

Se despois sorrís, 

E eu… fágome anána.



Chea de liberdade,

Sen procedementos nen precedentes,

Non desexo contratos


de  fideicomiso  nen enfiteuse.



Sen  mordazas,  o pensamento…

Escoito atenta ,

As  vibracións do aire do que dependo.





Respiro , respiro…

Reitero…uff!

Volvo en min!

  á  soedade que non temo,

Acrisolada…acrisolada…
E esperto.



Foto : Rochi Nóvoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario