domingo, 4 de diciembre de 2011

Váste

Ainda sinto as tuas mans
Queimando a miña pel…

Meu corpo, espido
Á noite e a ti.

Tomaches del
 o que ti quixeches
Non houbo impedementos.

Cravaches as fouce en min
Comiches
A miña devilidade
supcionaches
o meu sangue
Arañaches
A miña alma
E agora ti queres marchar.

Atopamonos na rua
E somos dous estranos
mira
Eiqui está o meu corazón,
Xa non podes paralo
Habelo pensado
Cando me falaches de votar a voar
Agora non te escondas
Non prendas o cigarro
E a min a quen estas a queimar.

Non me torzas a mirada
Non fagas que non me queres mirar
Miraches me demáis
E agora quereste marchar.

Eu ainda sinto
Sinto os teus ollos
O teu sorriso e esa cara de sorpresa
Non podes escapar
Deixarme asi baleira
Escorega-los sentimentos e
Aumentalos medos
Non ves que as pantasmas
do pasado volataran?.

Deixasme
Perdida nas tebras
Das que ti me quixeras sacar.

Tes que loitar !
Arrinca eses medos
Pon a coraza do cabaleiro
Que tantas veces me fixo vibrar.

Colle a tua espada
Rompe o silenzo
Atravesemos o universo
O mundo estanos a esperar.

Garda ese látigo,
A min non me pertence.
Foron doutros tempos
Nos que ti viviches mal,
Non mos fagas pagar.

Penseite… diferente
 Loitador , arrogante
Seguro , valente
 un cabeleiro de verdade
Asi que agora non podes marchar.

 Lembra aqueles tempos
No que a ledicia
Non era unha estrela fugaz.
Lembra aquelas luas cheas
Polas tantas mensaxes viches brilar.

E agora queres escapar
Marcarchesme cos recordos
Tatuaches a miña pel
De sentimentos
Non o deixes pasar
Non me ignores
Son de carne
Non esa rocha da escoitasches falar.

E agora quereste marchar
Tirasme a un lado
Son menos que o lixo
Que nas ruas recollen
Nas noites que me viron chorar.
Estigma? Sinal?.

Eu, que entendin
A tua mentira e a tua verdade
Para que non te foras xamais.
E agora ti queres marchar
e… fuchetes xa.

Andrómedas,
Andromedas diversas
Dun tempo
Irreal
Do que ti non quixeches ser
Por un dixeronme
Ou por un que será.

Fotografia: Emilio Romanos

Enbaina pois a tu espada
Aqui non a vas a precisar máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario