" Mellor é a esperanza; pois produce paciencia, arma forte contra a decepción acelerada".
Os bicos ás veces saben a culpa.
Collo as ás do tempo
Para marcar un rumbo
Que non sei onde vai.
Con discilina
Indiferencia e impertinencia
Aborrezo o meu orgullo
Que me ergue
para logo facerme esnafrar.
Silenzos dunha noite
Berros afogados na alma
Noutrora éxtase total.
Desafortunadas palabras
En busca dunha estrela.
Mitigo a ferida
Da boca insensata
Que quixo aplacar o medo
Escupindo sandeces de máis.
Soños incesantes
Ás veces pesadelos
Vivirán na lembranza
E a ilusión rirá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario